A Escola de Tempo Libre TEMPUS NARON, foi rexistrada como Escola Oficial de Tempo Libre da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia no ano 2007 (Orde do 12 de abril de 2007. DOG nº 108) co número G-37. Formamos a profesionais do lecer educativo, impartindo a fase teórico-práctica (100% presencial ou ben mixta combinando presencial e teleformación) e xestionando de forma directa os períodos de prácticas do alumnado para que todas as persoas participantes poidan acceder ás mesmas segundo a súa dispoñibilidade de tempo e os seus intereses.
Ao ser cursos con titulación oficial da Dirección Xeral de Xuventude, os requisitos de acceso e os temarios, son os indicados no Decreto 50/2000 e na súa posterior normativa de actualización (Decreto 58/2012).
Estes cursos son os seguintes:
Requisitos de acceso:
Para matricularse será necesario ter 18 anos cumpridos e estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos:
a) Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente.
b) Técnico auxiliar en formación profesional ou equivalente.
Programa formativo:
Requisitos de acceso:
1. Para poder matricularse neste curso é necesario:
a) Estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
b) Ter, polo menos, un título de educación secundaria.
c) Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a en o campo da educación/animación no tempo libre de, polo menos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor/a.
Programa formativo:
Requisitos de acceso:
Para poder matricularse neste curso é necesario:
a) Estar en posesión do título de director/a de actividades de tempo libre.
- Ter experiencia como director/a de o equipo de animación de polo menos, un campamento de 15 días.
Programa formativo:
• Atención á diversidade.
• Promoción da igualdade.
• Globoflexia.
• Maquillaxe infantil e de caracterización.
• Contacontos.