Eventos de la Asociación Tempus

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE ENTROIDO 2025 NA AVV DO ALTO DO CASTIÑEIRO - NARÓN

Xa temos o Concilia de Entroido na  AVV do Alto do Castiñeiro (Narón) onde o pasaremos xenial os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
Se che apetece, podes traer o teu disfraz. Teremos ademais actividades moi divertidas: xogos, música, cociña, manualidades, coeducación, ginkanas e unha chea de momentos para compartir cos teus amigos e amigas.

Pide máis información en tempusconcilia@gmail.com
Subvencionado pola Deputación da Coruña. Esperámosvos!!!!  
Para solicitar a praza, podes descargar aquí mesmo a túa Ficha de Inscrición.

VIAXE DE ENTROIDO A OURENSE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Se queres pasar 4 días de Entroido cun montón de visitas, actividades e obradoiros, non te podes perder esta viaxe na que gozaremos das comparsas e chirigotas do Entroido de Ourense, veremos as pantallas de Xinzo, poñerémosnos a remollo nas Termas, iremos de karaoke e realizaremos un obradoiro de postres de Entroido. Se che gusta disfrazarte, non esquezas o teu disfraz.  
Podedes descargar aquí a Ficha de Inscrición

Sin comentarios

Añadir un comentario