Semana Santa 2025 Tempus para Persoas con Discapacidade Intelectual

Viaxe de Semana Santa 2025 a Ferrol co grupo de Persoas con Discapacidade Intelectual

Esta Semana Santa 2025, desde o xoves 17 ao domingo 20 de marzo, realizaremos o noso Campamento do Programa de Respiro Familiar e Lecer para persoas adultas con discapacidade intelectual. 
Aloxarémonos nos bungalows do Camping do Muíño de Pedroso de Narón, o que nos permitirá desprazarnos en pouco tempo para realizar as actividades e eventos programados: 
- Participaremos na Semana Santa Ferrolana, declarada de Interese turístico internacional.
- Gozaremos dun circuito termal no Spa do Sercotel Odeón.
- Observaremos a beleza da ría de Ferrol desde un paseo en barco.
- Realizaremos unha ruta de senderismo pola beira do Rio Xuvia.
- Iremos tomar algo de noite por Ferrol. 
Para reservar a praza, podes descargala a ficha de inscrición no enlace que figura a continuación, ou solicitárnola no email campamentostempuspcd@gmail.com e enviala cuberta a ese mesmo correo.
https://drive.google.com/file/d/1AhuPsmpGd8jeY3omrPlo0TMHJcpaYk8T/view?usp=drive_link
É preciso levar saco de durmir, toallas, bañador, chanclas, útiles de hixiene personal e un impermeable lixeiro se hai previsión de choiva para eses días.
Para calquera outra información que precises, podes contactar con nós por correo electrónico, ou nos teléfonos: 657 926 913 - 616 890 418.
Se eres unha persoa adulta con discapacidade intelectual e queres ampliar o teu círculo social e gozar de actividades de lecer inclusivo, agardámoste!!!

Sin comentarios

Añadir un comentario