Campamento Concilia de Semana Santa 2025 en Narón

Programa de Conciliación de Semana Santa 2025  en Narón, para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos

Presentámosvos o noso Campamento de Conciliación na Asociación de veciños do Alto do Castaño para estas vacacións de Semana Santa os días 14,15,16 e 21 de Abril. En horario de 9:00h a 14:00h  con posibilidad de servicio de madrugadores de 8:00 a 9:00h.

ACTIVIDADES
Realizaremos actividades físicas e deportivas, de creatividade, cociña, xogos cooperativos e de animación, dinámicas de grupos,  traballando de forma transversal valores universais coma a igualdade entre as mulleres e os homes, a multiculturalidade, a solidariedade, o traballo en equipo e a resolución pacífica de conflitos. 

RESERVA DE PRAZA

Para acollervos a algunha das prazas subvencionadas pola Deputación de A Coruña, debedes enviarnos a ficha de inscripción que podedes desacarregar facendo click na imaxe do cartel, cuberta cos datos da/o participante, xunto coa documentación acreditativa de pertencer a algún dos colectivos prioritarios. As prazas cubriranse por orde de inscrición. A información dos prezos e os colectivos prioritarios, está recollida na propia Ficha de Inscrición, así como a documentación necesaria para acreditar a prioridade. Unha vez recibamos a ficha, responderemos cun correo de confirmación de praza.

Calquera outra información que precisedes, quedamos á vosa disposición no email tempusconcilia@gmail.com ou nos teléfonos 616 890 418 - 657 926 913. 
Esperamos que vos sexa de utilidade. 
Agardámosvos!!!

Sin comentarios

Añadir un comentario