Programa de Concilia Verán no Muiño de Pedroso 2025 en Narón, para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos
NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN ENVIADA ANTES DAS 10:00H DO DÍA 5 DE MAYO DE 2025
Estimadas familias,
Un ano máis, estamos encantadas de ofrecervos o servizo "Concilia Muiño de Pedroso 2025 con Tempus", para nen@s de 3 a 12 anos, subvencionado pola Excma. Deputación de A Coruña.
Este ano, dámoslle continuidade á ampliación do límite de idades e atendendo ás vosas demandas, teremos un grupo para nenas e nenos de entre 13 e 15 anos, que este ano estimamos que SÍ poderán optar a prazas subvencionadas, a través do Programa Corresponsables, pero aínda estamos pendientes da resolución definitiva, polo que enviaremos unha comunicación máis adiante cando teñamos a confirmación. Por tanto, o prazo para estas idades abrirá máis tarde (estimamos a finais de maio).
O horario de actividades será de 9:00 a 14:00 horas, de Luns a Venres laborables, do 23 de xuño ao 5 de setembro. Para as familias que o precisen, haberá servizo de transporte (autobús) con saída ás 8:30 da piscina da Gándara (fronte ao Mercadona da Gándara) e regreso ao mesmo punto ás 14:30. Os que se queden ao comedor (ata as 16:00) non terán servizo de bus para a volta.
Coma nestes últimos anos, ofertase o servizo Madruga dende as 8:00 (con dúas opcións: na parada do bus ou directamente en Pedroso) e servizo de Comedor ata as 16:00.
Actividades 100% ao aire libre: actividades deportivas, roteiros de sendeirismo, creatividade, xogos, música, xincanas, cociña, educación ambiental, horta, obradoiros de coeducación e igualdade e unha morea de momentos inesquecibles.
Prazas subvencionadas pola Deputación da Coruña (de 3 a 12 anos) para os seguintes colectivos prioritarios:
-Familias monoparentais (haberá que aportar alguna da seguinte documentación: certificado colectivo de empadronamento no que figure a persoa adulta cos fillos e fillas; sentencia de divorcio no que conste a custodia dos fillos e fillas menores; ou libro de familia no que conste únicamente a persoa adulta cos seus fillos e fillas).
· Parellas nas que traballen as dúas persoas adultas da familia.(copia da cabeceira da última nómina, vida laboral actualizada ou último recibo de autónomos)
· Familias con maiores necesidades de apoio á crianza (Familias numerosas). (título de familia numerosa expedido pola Administración competente)
· Familias en situación ou risco de exclusión social (informe dos Servizos Sociais municipais) ou de traballador/a social de entidade social.
PREZOS PRAZAS SUBVENCIONADAS
· 25 €/semana sen transporte para colectivos prioritarios. 30€ con transporte.
· 33 €/semana sen transporte para colectivos non prioritarios (as prazas se asignarán por orden de inscripción). 39 € con transporte.
· 8€/semana sen transporte para colectivos en situación ou risco de exclusión social. 12€ con transporte.
. Servizo de comedor: Días soltos 8€/día. Semanas completas 35€ (servizo de acompañamento e xantar incluido). ou 2€/día (servizo de acompañamento; traerá tupper da casa).
· Servizo madruga: 1,5 €/día.
PREZOS PRAZAS NON SUBVENCIONADAS
-58€/semana sen transporte / 68€ con transporte
Para acollervos a algunha das prazas subvencionadas pola Deputación de A Coruña, debedes enviarnos a ficha de inscripción que podedes desacarregar facendo click aquí ou na imaxe do cartel, cuberta cos datos da/o participante, xunto coa documentación acreditativa de pertencer a algún dos colectivos prioritarios. No caso de que algún documento non sexa posible envialo xunto coa ficha, teredes que enviala á maior brevidade, especificando no Asunto, o nome da nena ou neno para o que se solicita a inscrición.
Documentación a entregar coa ficha de inscrición
Documentación común para todas as inscricións:
· Copia do libro de familia ou DNI da nena ou do neno.
· Copia da tarxeta da Seguridade Social da nena ou do neno.
· Fotografía reciente tipo carné.
Documentación para acreditar a condición de colectivo prioritario:
·Familias monoparentais. (certificado colectivo e empadronamento no que figure a persoa adulta cos fillos e fillas; sentencia de divorcio no que conste a custodia dos fillos e fillas menores; libro de familia no que conste únicamente a persoa adulta cos seus fillos e fillas )
· Parellas nas que traballen as dúas persoas adultas da familia (cabeceira da última nómina, vida laboral actualizada ou último recibo de autónomos).
· Familias con maiores necesidades de apoio á crianza (familias numerosas: título de familia numerosa expedido pola Administración competente).
· Familias en situación ou risco de exclusión social (informe dos Servizos Sociais municipais).
Confirmación de praza
Unha vez que recibamos a ficha, responderemos (por orde de chegada do email) cunha mensaxe de confirmación de praza, coa indicación do custe total das semanas confirmadas dentro das elexidas.
Esta resposta de confirmación pode tardar varios días, sobre todo na apertura do prazo de incricións.
Forma de pagamento
Os pagamentos realizaranse na conta de ABANCA ES41-2080-0216-9630-4001-0292 da Escola de Tempo Libre TEMPUS indicando no concepto "Concilia+nome da nena ou neno participante". Os prazos para realizalos serán:
- Si a confirmación se produce antes do 15 de MAIO de 2025, a data límite para o pago será o 5 de xuño de 2025. Para o resto dos casos, o prazo de pagamento será 7 días a partir do email de confirmación da praza.
O pagamento realizarase pola totalidade do importe das semanas confirmadas no email de resposta, no que se indique qué quendas quedan confirmadas. No caso de reservar máis de 4 semanas, ou no caso de que sexa complicado para a familia realizar o pago na data indicada, poderá solicitarse o fraccionamento en dúas veces, ou acordar de forma excepcional outra forma de pago, sempre que se comunique esta necesidade por email previamente á data límite de pago. No caso de que non se produza o ingreso no prazo sinalado ou a comunicación da necesidade dun plan de pagamento excepcional, darase de baixa a solicitude de praza e o número de orde de asignación de praza pasará á seguinte familia.
Cando se contrate o servizo de comedor para a semana completa, o prezo da semana aboarase os venres da semana anterior ao servizo, cun ingreso independente do da cota da praza (concepto: Comedor semana X + “nome do/a participante). Os ingresos poden tamén ser quincenais ou mensuais a elección da familia participante. No caso de precisar o servizo de forma puntual, deberase avisar como mínimo con 24 horas de antelación e realizarase o pago en metálico o mesmo día de presación do servizo.
Devolución de cotas. O prezo da actividade só se devolverá nos seguintes casos:
- Cando concurra unha causa médica de tal gravidade que impida incorporarse á actividade ou ben un ingreso hospitalario, sempre con xustificación documental.
- Que a persoa inscrita comunique a renuncia á súa praza con antelación de 20 días antes do inicio da quenda reservada.
Calquera outra información que precisedes quedamos á vosa disposición no email tempusconcilia@gmail.com ou nos teléfonos 616 890 418 - 657 926 913.
Esperámosvos!!!
Un saúdo e Feliz Verán!!
ETL TEMPUS
Sin comentarios