AS NOSAS ACTIVIDADES
Na Asociación Tempus, levamos a cabo unha ampla gama de actividades deseñadas para promover o desenvolvemento integral, a inclusión e o benestar das persoas. Os nosos programas están deseñados coidadosamente para ofrecer oportunidades significativas de aprendizaxe, lecer educativo, crecemento persoal e mellora da calidade de vida da infancia, familias, novas, persoas con discapacidade intelectual e colectivos en risco de exclusión social. A continuación, presentámosche algunhas das nosas principais actividades
CAMPAMENTOS CON PERNOITA
Sinte a aventura e vive unha experiencia única nunha contorna natural, cun programa de actividades completísimo dirixido por un equipo titulado e con ampla experiencia en programas de lecer educativo.
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN
Programa para familias con nenas e nenos de entre 3 e 14 anos, que cumpre unha dobre finalidade:
- Facilitar ás familias a conciliación da súa vida familiar e laboral durante os períodos de vacacións escolares.
- O desenvolvemento integral das nenas e nenos participantes.
VISITAS ESCOLARES
Se queres vir co teu centro educativo e vivir un día diferente realizando actividades ao aire libre coa túa clase do cole, non hai mellor sitio que a área Natural do Muíño de Pedroso. Con actividades diferenciadas por idades, para dar cabida a nenas e nenos a partir de 3 anos ata Secundaria.
PROGRAMA DE LECER PARA PERSONAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Con este programa, ademais de fomentar un lecer de calidade para este colectivo, traballamos a autonomía persoal e as habilidades sociais das persoas participantes.
Non se trata por tanto só de “respiros familiares”, aínda que sabemos da importancia de “coidar á persoa que coida”, senón que a nosa intención é ir máis aló e ter cada vez máis presenza social en lecer normalizado.
PROGRAMAS CON COLECTIVOS VULNERABLES
En colaboración con entidades privadas ou Administracións públicas, realizamos programas de inclusión para colectivos vulnerables: cursos de formación, programas de adquisición de habilidades prelaborais, programas integrais de inclusión social e laboral, …
INTERCAMBIOS XUVENÍS ERASMUS+
Cunha duración de entre 5 e 21 días, os intercambios xuvenís permiten a grupos de mozos de distintos países reunirse, convivir e traballar en proxectos comúns durante períodos breves. Participa nunha experiencia multicultural realizando talleres, exercicios, debates, xogos de rol, actividades ao aire libre e moito máis.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Poñemos ao dispor dos Centros Educativos, as ANPAS e Asociacións da comarca de Ferrolterra un amplo elenco de actividades para axudar a conciliar ás familias á vez que promovemos o desenvolvemento integral dos nenos e nenas participantes.
CELEBRACIÓNS, TEAM-BUILDING E EVENTOS
Se buscas poñer un toque de distinción e orixinalidade nas túas celebracións, non dubides en preguntarnos polas posibilidades que ofrece a contorna da área Natural do Muíño de Pedroso.
Se queres obsequiar ao teu equipo cunha xornada de Team-building e fortalecer as relación grupais. Ou se queres promocionar a túa marca a través dun evento, estaremos encantadas de embarcarnos contigo nesa aventura.