aula

blog

tienda

VOLUNTARIADO


Es unha persoa solidaria que non mira para outro lado ao coñecer as necesidades da túa contorna? gustaríache traballar para construír un mundo mellor? 

ENTÓN TES ALMA DE VOLUNTARIA/O!!!!

Voluntariado Tempus

Os programas nos que podes colaborar con Tempus a través do Voluntariado son os seguintes:

- Programa de Lecer para persoas adultas (maiores de 18 anos) con discapacidade intelectual.

- Programa de Conciliación da Vida Familiar e laboral: Concilia no Muíño de Pedroso (nenas e nenos de entre 3 e 14 anos).

- Campamentos de aventura na Natureza con pernoita (idades de 7 a 17 anos)..

Corpo Europeo de Solidariedade

A unión fai a forza!

Tes entre 18 e 30 anos e tes vocación de axudar á comunidade, dentro e fóra de Europa?

Únete ao Corpo Europeo de Solidariedade e participa con outras persoas mozas en proxectos europeos ou de fóra da Unión Europea.