aula

blog

tienda

Campamento Xuvenil de Aventura na Natureza TEMPUS-CAMP 2025 en Narón (A Coruña) CORRESPONSABLES 2025

Campamento TEMPUS CAMP con pernocta 2025 en Muíño de Pedroso (Narón) para nenas e nenos de entre 7 e 16 anos, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade - Plan Corresponsables. 

cartel

Estimadas familias,
Estamos encantadas de presentarvos os Campamentos TEMPUS-CAMP 2025 que realizaremos este verán no Camping Río Xuvia (Área Natural Muíño de Pedroso) en Narón - A Coruña, con pernocta en réxime de acampada.

Dirección de Google Maps: https://maps.app.goo.gl/4m44vXhmqTEzMM4k8

Para este verán, deseñamos 2 quendas con pernocta con actividades 100% ao aire libre:

· Do 22 ao 31 de xullo .

Idades: de 12 a 16 anos.

Horario de entrada e saída: Entre as 17:00 e as 18:00, tanto a chegada o día 22 coma a saída o día 31.
Actividades: Educación para a Igualdade, Saída á praia, Surf, Paintball, Gincana urbana en Narón-Ferrol, Escape room, Ioga, Gincanas deportivas e de aventura, béisbol, tiro con arco, tirachinas xigante, roteiros de sendeirismo, xogos de animación, predeportivos e de auga, cociña, creatividade, Festa Holi, dramatización, discoteca exterior, veladas nocturnas e muuuuita diversión.
Prezo: 290 € .

· Del 2 al 6 de agosto .

Idades: de 7 a 12 anos.

Horario de entrada e saída: Entre as 17:00 e as 18:00, tanto a chegada o día 2 coma a saída o día 6.

Actividades: Educación para a Igualdade, Paintball, Festa Holi, gincanas deportivas, escape room, tiro con arco e tirachinas xigante, roteiros de sendeirismo, cociña, artesanía, animación, xogos con auga, discoteca exterior, veladas nocturnas e muuuuita diversión.
Prezo: 160 €.

DÍA DA REUNIÓN INFORMATIVA PARA FAMILIAS: 2 de xullo ás 19:00h en Camping Río Xuvia.

RESERVA DE PRAZA
Para reservar a túa praza, só tes que enviar a ficha de inscrición cuberta e o xustificante do ingreso da reserva (30 € para calquera das quendas) a campamentostempus@gmail.com. A documentación complementaria indicada na ficha, debes entregala no mesmo correo xunto co xustificante de pago da cota do campamento, descontando os 30 € da reserva, a máis tardar o día 2 de xullo.

QUE É ACONSELLABLE TRAER: 

-Roupa e calzado cómodo, con algunha peza de abrigo. É moi recomendable que a roupa veña etiquetada e organizada do seguinte xeito: a roupa interior, calcetíns e camiseta (exterior), nunha bolsa zip individual para cada día. As sudadeiras e pantalóns/faldas poderán vir na maleta sen máis.
-Cantimplora ou similar.
-Lanterna.
-Saco de durmir, almofada e esterilla ou colchoneta (tamaño máximo orientativo 1,80x0,70x10cm). Se veñen con amig@s, irmáns, coñecidos e prefiren traer un dobre hinchable, poden facelo sempre e cando non supere o dobre de medida que o individual.
-2 pixamas, de pantalón largo (pola noite refresca bastante).
-Gorra ou visera.
-Camiseta branca para decorar.
-Neceser con útiles de hixiene persoal (crema solar, cepillo e pasta de dentes, champú, xel, cepillo...) etiquetados co seu nome en todos os envases.
-2 bañadores ou bikinis.
-Chanclas para a ducha.
-2 toallas de baño e unha toalla de praia.
-Chuvasqueiro lixeiro, por se algún día chove.
-Mochila pequena para as marchas e itinerarios.
-Pódese traer diñeiro (en bolsa zip coa cantidade escrita e o nome do/a participante) para gastos como tomar un xeado ou similar. Non manipularán eles/as o diñeiro. Teremos un listado de gastos onde se anotarán, e o último día entregarase a devolución.
- Medicación persoal con pauta médica de administración en bolsa zip e identificada.
-Se traen teléfono móbil, este virá nunha bolsa zip e co cargador identificado. (O teléfono móbil poderase utilizar en días alternos, media hora para chamar á familia).
-3 bolsas de lixo para ropa sucia.

Calquera información adicional ou calquera cuestión que vos pareza interesante, estamos como siempre disponibles en este correo campamentostempus@gmail.com ou nos teléfonos: 

616 890 418 ou 657 926 913.

Agardámosvos!!

Pídenos a ficha de inscrición en campamentostempus@gmail.com

QUENDAS SEN PERNOCTA
Se prefires actividades sen pernocta, lembra que poñemos á vosa disposición quendas semanais en horario de mañá (de 13 a 16 anos) ou de tarde (de 3 a 12 anos), de luns a venres, durante toda a tempada estival non lectiva. Pregúntanos en tempusconcilia@gmail.com!!

Sin comentarios

Añadir un comentario