DÁMOSCHE A BENVIDA Á ASOCIACIÓN TEMPUS

Explora as nosas actividades

Na Asociación Tempus, dedicámonos a mellorar a calidade de vida das persoas a través de programas inclusivos, educativos e de sensibilización cara a valores universais. A nosa misión é crear un impacto positivo na sociedade e promover un mundo máis equitativo e solidario.

Os nosos valores

En Tempus, valoramos a inclusión, a aprendizaxe continua, a igualdade e o respecto pola diversidade. Cremos na importancia de crear espazos motivadores, seguros e acolledores onde cada persoa poida desenvolver todo o seu potencial de maneira integral.

As nosas actividades

Explora a nosa ampla gama de actividades deseñadas para promover o benestar, a educación e a participación activa da comunidade. Desde campamentos de verán, cursos de formación, atención á diversidade ata programas de conciliación da vida familiar e laboral ou programas para colectivos especiais. Hai oportunidades para todos os intereses e grupos de idade.

Únete ao noso Propósito

Ti podes marcar a diferenza! Convidamos a todos as persoas interesadas a unirse a través do voluntariado, como entidades colaboradoras ou como participantes aos nosos programas. A túa contribución é fundamental para seguir levando a cabo iniciativas que impacten positivamente na sociedade.

Próximos Eventos

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EN NARON.

Fórmate e convírtete en profesional dun sector con gran demanda

✦ Apaixónache o lecer educativo, a educación en valores e as actividades na Natureza?
✦ Queres traballar en campamentos, actividades escolares, eventos infantís e dinamización de grupos moi diversos?

Inscríbete e aprende a:

- Deseñar e dinamizar actividades de lecer educativo.
- Fomentar o xogo, a creatividade e a aprendizaxe ao aire libre.
- Xestionar grupos e garantir a seguridade dos participantes.
- Potenciar valores de cooperación e respecto pola túa contorna.

Inclúe actividades na Natureza, obradoiros prácticos e formación en primeiros auxilios

Data de inicio: 8 de marzo de 2025

Lugar: Narón

Precio: CONVOCATORIA GRATUITA!!!!

Teléfonos: 657 926 913 - 616 890 418

Inscripciones e información: tempuseduca@gmail.com

Prazas limitadas!!

Podes descargar aquí a Información xeral do curso e a Ficha de Inscrición: https://drive.google.com/drive/folders/10LbN7EihYUQJBs8q9uWEB6x0LHUJxSm8?usp=drive_link

FESTA DE ENTROIDO PEDROSO 2025

Do 28 de febreiro ao 1 de marzo de 2025, para nenas e nenos de 8 a 14 anos.

Sortearemos unha praza no Campamento con Pernocta de Semana Santa 2025.

Máis información: campamentostempus@gmail.com

Prazas limitadas e desconto para os/as máis rápidos/as!!!!!!

Podedes descargar aquí a Ficha de Inscrición: https://drive.google.com/file/u/0/d/1Vnuobe2ORvhSUZdaezcqnz4Q-gI_WwfY/view?usp=drive_link

- 20/11/2023. Concesión dunha subvención para a contratación de 1 Monitora de Actividades de Tempo Libre para o Programa de Formación, Dinamización Xuvenil e Respiro Familiar para Persoas con Discapacidade Intelectual, dentro do Programa de Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

- 19/06/2023. Concesión dunha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Programa de Conciliación da Vida Familiar e Laboral para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos “Concilia no Muíño de Pedroso 2023”, cun financiamento de 16.193,19 € (cun coeficiente de financiamento do 80%), dentro da liña FOIO0A/2023 de Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2023.

- 09/06/2023. Concesión dunha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Programa de Conciliación da Vida Familiar e Laboral para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos “Concilia non Muíño de Pedroso 2023”: equipos informáticos, aplicacións, mobiliario e outro inmobilizado, cun financiamento de 9.532,06 € (cun coeficiente de financiamento do 80%), dentro da liña FOIO0B/2023 de Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de programas en políticas de xénero no ano 2023.