DÁMOSCHE A BENVIDA Á ASOCIACIÓN TEMPUS

Explora as nosas actividades

Na Asociación Tempus, dedicámonos a mellorar a calidade de vida das persoas a través de programas inclusivos, educativos e de sensibilización cara a valores universais. A nosa misión é crear un impacto positivo na sociedade e promover un mundo máis equitativo e solidario.

Os nosos valores

En Tempus, valoramos a inclusión, a aprendizaxe continua, a igualdade e o respecto pola diversidade. Cremos na importancia de crear espazos motivadores, seguros e acolledores onde cada persoa poida desenvolver todo o seu potencial de maneira integral.

As nosas actividades

Explora a nosa ampla gama de actividades deseñadas para promover o benestar, a educación e a participación activa da comunidade. Desde campamentos de verán, cursos de formación, atención á diversidade ata programas de conciliación da vida familiar e laboral ou programas para colectivos especiais. Hai oportunidades para todos os intereses e grupos de idade.

Únete ao noso Propósito

Ti podes marcar a diferenza! Convidamos a todos as persoas interesadas a unirse a través do voluntariado, como entidades colaboradoras ou como participantes aos nosos programas. A túa contribución é fundamental para seguir levando a cabo iniciativas que impacten positivamente na sociedade.

- 20/11/2023. Concesión dunha subvención para a contratación de 1 Monitora de Actividades de Tempo Libre para o Programa de Formación, Dinamización Xuvenil e Respiro Familiar para Persoas con Discapacidade Intelectual, dentro do Programa de Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

- 22/03/2024. Concesión dunha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Programa de Conciliación da Vida Familiar e Laboral para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos “Concilia no Muíño de Pedroso 2024”, cun financiamento de 20.793,50 € (cun coeficiente de financiamento do 80%), dentro da liña FOIO0A/2024 de Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2024.

- 04/03/2024. Concesión dunha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Programa de Conciliación da Vida Familiar e Laboral para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos “Concilia non Muíño de Pedroso 2024”: inmobilizado e mobiliario, cun financiamento de 3.705,60 € (cun coeficiente de financiamento do 80%), dentro da liña FOIO0B/2024 de Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de programas en políticas de xénero no ano 2024.