DÁMOSCHE A BENVIDA Á ASOCIACIÓN TEMPUS

Explora as nosas actividades

Na Asociación Tempus, dedicámonos a mellorar a calidade de vida das persoas a través de programas inclusivos, educativos e de sensibilización cara a valores universais. A nosa misión é crear un impacto positivo na sociedade e promover un mundo máis equitativo e solidario.

Os nosos valores

En Tempus, valoramos a inclusión, a aprendizaxe continua, a igualdade e o respecto pola diversidade. Cremos na importancia de crear espazos motivadores, seguros e acolledores onde cada persoa poida desenvolver todo o seu potencial de maneira integral.

As nosas actividades

Explora a nosa ampla gama de actividades deseñadas para promover o benestar, a educación e a participación activa da comunidade. Desde campamentos de verán, cursos de formación, atención á diversidade ata programas de conciliación da vida familiar e laboral ou programas para colectivos especiais. Hai oportunidades para todos os intereses e grupos de idade.

Únete ao noso Propósito

Ti podes marcar a diferenza! Convidamos a todos as persoas interesadas a unirse a través do voluntariado, como entidades colaboradoras ou como participantes aos nosos programas. A túa contribución é fundamental para seguir levando a cabo iniciativas que impacten positivamente na sociedade.

Próximos Eventos

Campamentos Tempus Camps 2024

Na Área Natural Muíño de Pedroso, en Narón, para nenos/as e mozos/as entre 7 e 16 anos.

3 quendas cheas de aventuras, compañeirismo e moita diversión, nun espazo seguro, con actividades 100% ao aire libre: surf, sendeirismo, paintball, escape-room, orientación, praia, creatividade, ginkanas deportivas, xogos, tiro con arco, veladas nocturnas, xogos de auga, cociña e moita diversión!!!

Tfnos: 616 890 418 - 657 926 913 - campamentostempus@gmail.com

Descarga toda a información en: https://drive.google.com/drive/folders/1U9H9BftG5JNd8heTXPu2rOgbY_vCWI0E?usp=sharing

Concilia Muíño de Pedroso 2024

Campamentos de conciliación na Área Natural do Muíño de Pedroso, en quendas semanais de luns a venres, en horario de 9 a 14, con servizo madruga dende as 8:00 e servizo de comedor ata as 16:00.

Saída de transporte dende a Piscina da Gándara (Narón), con saída ás 8:30 e regreso ás 14:30.

Programa financiado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña, cunha achega de 20.793,50 € e unha porcentaxe de financiación do 80%.

Infórmate en tempusconcilia@gmail.com ou nos teléfonos 616 890 418657 926 913.

Descarga toda a información en https://drive.google.com/drive/folders/1BFaIRVz53ffL90K1-spMKok8DZVuSeip?usp=sharing

- 20/11/2023. Concesión dunha subvención para a contratación de 1 Monitora de Actividades de Tempo Libre para o Programa de Formación, Dinamización Xuvenil e Respiro Familiar para Persoas con Discapacidade Intelectual, dentro do Programa de Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

- 19/06/2023. Concesión dunha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Programa de Conciliación da Vida Familiar e Laboral para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos “Concilia no Muíño de Pedroso 2023”, cun financiamento de 16.193,19 € (cun coeficiente de financiamento do 80%), dentro da liña FOIO0A/2023 de Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2023.

- 09/06/2023. Concesión dunha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña, para a realización do Programa de Conciliación da Vida Familiar e Laboral para familias con nenas e nenos de entre 3 e 12 anos “Concilia non Muíño de Pedroso 2023”: equipos informáticos, aplicacións, mobiliario e outro inmobilizado, cun financiamento de 9.532,06 € (cun coeficiente de financiamento do 80%), dentro da liña FOIO0B/2023 de Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de programas en políticas de xénero no ano 2023.